Coses

by alfonso r. castelao | Literature & Fiction | This book has not been rated.
ISBN: 8475967515 Global Overview for this book
Registered by jotage24 of Ourense, Ourense Spain on 3/7/2008
Buy from one of these Booksellers:
Amazon.com | Amazon UK | Amazon CA | Amazon DE | Amazon FR | Amazon IT | Bol.com
1 journaler for this copy...
Journal Entry 1 by jotage24 from Ourense, Ourense Spain on Friday, March 7, 2008
Este libro de Alfonso R. Castelao publicouse por primeira vez no ano 1926, cando o seu autor tiña cuarenta anos e xa dera a coñecer Un ollo de vidro, o relato humorístico que o tiña revelado como un narrador fino e áxil, tanto como o debuxante que xa era. Posteriormente, en 1934 publicaría os contos de Retrincos e a novela Os dous de sempre, que o acabarían consagrando como un dos prosistas máis brillantes de toda a historia da literatura galega.

Cousas ten sido unanimemente considerada como a creación máis orixinal de Castelao. Son coarenta e catro cadros breves, todos eles acompañados por un debuxo do propio autor, que xiran sempre arredor do mundo dos campesinos e os mariñeiros do noso pais. Trátase dun xénero situado a medio camino entre a épica e a lírica, aínda que claramente inclinado cara a fondura da introspección poética.

Nas Cousas está, xa que logo, o Castelao máis xenuino e universal, aquel que hoxe ten a consideración dun clásico da literatura galega polo exemplar equilibrio que logrou gracias á sabia combinación de elementos dispares, uns de tipo formal e outros puramente significativos, saídos todos do cerne mesmo da alma galega. Unha alma da que el foi, ó mesmo tempo, intérprete e executor.

Are you sure you want to delete this item? It cannot be undone.