Unha soidade demasiado ruidosa

by Bohumil Hrabal | Literature & Fiction |
ISBN: 8493480177 Global Overview for this book
Registered by anx79 of Vigo, Pontevedra Spain on 1/22/2007
Buy from one of these Booksellers:
Amazon.com | Amazon UK | Amazon CA | Amazon DE | Amazon FR | Amazon IT | Bol.com
2 journalers for this copy...
Journal Entry 1 by anx79 from Vigo, Pontevedra Spain on Monday, January 22, 2007
Agasallo do meu AI de Vigo, moitísimas grazas!!
É un libro singular, dunha beleza sorprendente. Escatolóxico por momentos, mesmo noxento, pero xenial.
Definitivamente, este autor gústame moito.
***************************************
Hat'a leva trinta e cinco anos facendo balas de papel vello cunha prensa hidráulica nun lúgubre soto de Praga, cun feixe de ratos e un xefe explotador como única compaña. Dende o burato do teito do soto, que dá ao chan dun patio, cáenlle moreas de libros e todo tipo de papel usado condenado a ser comprimido e reciclado. Para Hat'a moitos deses libros son tesouros dun valor incalculable, que pasan a enriquecer a súa biblioteca persoal, ocupando todo o espazo da súa casa. Entre xerra e xerra de cervexa e libros de filosofía, arte e literatura, Hat'a desenvolve o seu traballo, que require segundo el polo menos “un seminario de teoloxía”, pois cada bala que fai é unha verdadeira obra de arte, escollendo coidadosamente os libros que as compoñen e decorándoas con láminas de arte. Malia o seu esforzo creativo e a súa bagaxe intelectual, un traballador coma el e unha prensa coma a súa non son rendibles nun mundo máis preocupado pola cantidade que pola calidade, o reflexo dun novo tempo que xa non é o seu...

Journal Entry 2 by Biosbardo from Pontevedra, Pontevedra Spain on Sunday, February 15, 2009
Un libro moi curioso, co peculiar estilo do seu autor. Gustoume, aínda que nalgún momento se me fixo un pouco repulsivo de tan escatolóxico.
Gustoume a reflexión sobre como se pode chegar a poñer en valor o propio traballo, por moi pequeno ou inútil que este poida parecer a ollos alleos.

Are you sure you want to delete this item? It cannot be undone.