Herba Moura

Registered by anx79 of Vigo, Pontevedra Spain on 1/4/2006
Buy from one of these Booksellers:
Amazon.com | Amazon UK | Amazon CA | Amazon DE | Amazon FR | Amazon IT | Bol.com
5 journalers for this copy...
Journal Entry 1 by anx79 from Vigo, Pontevedra Spain on Wednesday, January 04, 2006
Agasallo do meu AI ourensano na cea de Reis 2006. Acertou de cheo, queríao dende que saiu. Moitas, moitas, moitas grazas. En canto o lea vou facer un anel, porque hai máis xente interesada en lelo.
*******************
“Herba Moura” de Teresa Moure, novela gañadora do Premio Xerais 2005, trasládanos, da man dun personaxe contemporáneo chamado Einés Andrade, ao século XVII, onde nos atopamos coa figura dun Descartes humano e fráxil –nunha perspectiva inédita do filósofo– e, sobre todo, coa figura de dúas mulleres: a raíña Christina de Suecia e Hélène Jans, unha entrañable meiga residente en Amsterdam. A través dunha miscelánea de textos (cartas, poemas, recetarios, herbarios) a autora, coma se fose un compendio de estilos literarios e botando man de recursos tan dispares como a epístola, o diario, o ensaio, a poesía, o estilo directo, etc, constrúe unha novela estilisticamente deslumbrante, sen caer nunca no lirismo gratuíto nin no sentimentalismo, chamada a situar á narrativa galega nun novo contexto. “Herba Moura” é un canto ás paixóns: á paixón amorosa, dende logo, mais tamén a outras paixóns deostadas como a do amor polo coñecemento, a da amizade, a da maternidade, a da lectura e a da palabra. Unha novela que deita unha ollada crítica sobre o devir das mulleres na historia, dándolles voz e recuperándoa para elas.

Journal Entry 2 by anx79 from Vigo, Pontevedra Spain on Monday, February 06, 2006
Antes de nada: ¡¡Grazas de novo ó meu AI!!
É unha pasada de libro, mistura unha morea de xéneros distintos: poesías, epístolas, ensaios,..., vanse sucedendo para debuxa-la historia de mulleres incribles do século XVII e do XX. Cando o rematei entráronme unhas enormes ganas de tomar unha infusión de herba moura e frambuesa!!

Journal Entry 3 by anx79 from Vigo, Pontevedra Spain on Tuesday, February 07, 2006
Preparando un anel, lista en construcción:
1.- Biosbardo (Vigo)
2.- Libreira (A Coruña)
3.- Sambaroquera (A Coruña)????????
...
n.- Anx79 (de volta na casiña)

Journal Entry 4 by anx79 at -- En Mano in Ourense, Ourense Spain on Friday, February 10, 2006

Released 13 yrs ago (2/11/2006 UTC) at -- En Mano in Ourense, Ourense Spain

WILD RELEASE NOTES:

RELEASE NOTES:

Mañá comeza a súa viaxe.

Journal Entry 5 by Biosbardo from Poio, Pontevedra Spain on Monday, February 13, 2006
Xa está comigo... Traía uns poucos papeliños de confeti, unha deferencia de anx ao non ter podido eu asisitir á cea do Amigo Invisible que fixeran en Ourense no nadal... Graciñas, moza ;-)

Journal Entry 6 by Biosbardo from Poio, Pontevedra Spain on Monday, March 06, 2006
Gustoume moito que usase ditintas maneiras de contar a historia, sobre todo as cartas e o recetario; os poemas e as cancións de Christina xa me gustaron menos, e creo que tamén sobran os anacos dos diarios das tías de Einés falando da sazón e do patchwork, aínda que entendo a súa razón de ser cando lin as dúas páxinas finais do libro.
Supoño que a escritora nunca pode deixar de ser profesora de Lingüística, nin sequera cando escribe novelas. Ademais, por esa época fixo tamén un ensaio sobre as lingiuas, e quizais en "Herba Moura" deixou plasmado tamén parte do seu traballo de investigación para o ensaio. Todos os momentos nos que fala das linguas artificiais danlle un toque máis de orixinalidade ao relato, pero eu véxoo un pouco como un "macguffin", ou como se escriba iso, un truco que utilizaba Hitchcock nas súas películas; el iniciaba a trama con algo que parecese moi relevante pero que ao final non era o importante, senón unha excusa para contar algo máis. Eu entendo que coa tese de Einés acontece algo parecido.

E si, tamén eu quedo intrigado polas propiedades da frambuesa... terei de probala en infusión...

Journal Entry 7 by Biosbardo at Correo humano in Vigo, Pontevedra Spain on Monday, March 06, 2006

Released 13 yrs ago (3/6/2006 UTC) at Correo humano in Vigo, Pontevedra Spain

WILD RELEASE NOTES:

RELEASE NOTES:

Se non coincido con libreira nalgún encontro, dareillo a jotage para que llo entregue aproveitando unha visita a Lacoru.

Journal Entry 8 by libreira from A Coruña, A Coruña Spain on Saturday, September 02, 2006
Gustoume moitísimo, pásollo xa a sambaroquera.

É un deses libros que me gustaría ter escrito eu.

Journal Entry 9 by Sambaroquera from A Coruña, A Coruña Spain on Sunday, September 03, 2006
Entregado en mano por Libreira

Journal Entry 10 by Sambaroquera from A Coruña, A Coruña Spain on Saturday, March 31, 2007
Ya lo he acabado, aunque parezca mentira!!!!, hay que pasárselo a alguien o ya se acabó en mi?, espero noticias para proceder a su empaquetamiento y envio!!!!!

Por cierto, me encantó, aunq hubo partes que me costó leerlas me encantó este libro, la historia, todo. Espero que los demás que lo hayan leído les haya pasado lo mismo que a mi!

Journal Entry 11 by jotage24 from Ourense, Ourense Spain on Wednesday, June 13, 2007
Préstamo de Anx79, en el primer meetup de junio (Ourense 2007).

Gracias!! A ver en cuanto puedo ponerme con él...

Journal Entry 12 by jotage24 at -- por correo in Ourense, Ourense Spain on Tuesday, March 05, 2013

Released 6 yrs ago (3/5/2013 UTC) at -- por correo in Ourense, Ourense Spain

WILD RELEASE NOTES:

Devolución a anx79!

Muchísimas gracias, y una disculpa por la tardanza.

Journal Entry 13 by anx79 at Pontevedra, Pontevedra Spain on Thursday, March 07, 2013
Xa está na casa! Grazas, Jotage, por coidarmo tanto estes anos. 8)

Are you sure you want to delete this item? It cannot be undone.