Non sei cando nos veremos

by Anxo A. Rei Ballesteros | Literature & Fiction |
ISBN: Global Overview for this book
Registered by anx79 of Vigo, Pontevedra Spain on 6/10/2005
Buy from one of these Booksellers:
Amazon.com | Amazon UK | Amazon CA | Amazon DE | Amazon FR | Amazon IT | Bol.com
4 journalers for this copy...
Journal Entry 1 by anx79 from Vigo, Pontevedra Spain on Friday, June 10, 2005
Unha das novidades literarias máis agardadas do ano, "Non sei cando nos veremos" é a nova novela de Anxo A. Rei Ballesteros. Autor de "Dos anxos e dos mortos" (1977) e "Loaira" (1992), hoxe consideradas fitos da narrativa galega contemporánea, a obra deste escritor senlleiro e ao tempo fundamental preséntase agora baixo a forma dun relato novelesco no que a lingua oral e a narración directa, precisa e de trazado firme, se combinan coa crítica contundente da moral e as formas de vida da sociedade de hoxe. O protagonista da novela é quen conta a súa propia historia, unha vida na que plenitude e desengano, fracáso e ilusión aparecen mesturados inextricablemente. Desde o cárcere, e cun ton directo que non quere disimular nin agachar nada, o narrador confésalle á súa filla unha realidade persoal que, comezando polos anos de estudante nun colexio de relixiosos e despois como universitario en Compostela, chega aos lindes da experiencia humana ao participar na brutal represión exercida pola Triple A na Arxentina da ditadura militar. A vida e a morte como expresión dunha mesma experiencia, como dúas facianas dunha mesma realidade na que a vivencia espida e sen límites dos praceres da carne vai parella á da extinción e a tortura. Rei Ballesteros fai convivir o asombro coa ironía, a orde coa desorde, o tempo como creador e co tempo como destrutor, así logra transmitir ao lector ou lectora a intensidade toda dunha exis- tencia convulsa. "Non sei cando nos veremos" é unha novela que seduce e fai vibrar, está narrada cunha habelencia literaria que non abafa a lectura e aliméntase dun pensamento inquisitivo e irreverente que se expresa a través do relató sen chegar a substituílo. Equilibrio na forma narrativa e intensidade no mundo que se expresa a través dela son as características que sinalan esta novela como a obra dun grande escritor.

*************

Sorprendeume e gustoume ó mesmo tempo. A historia atrapoume dende o comezo.
Unha cousa, sobre todo nos primeiros capítulos a novela parece finalista do premio "Sonrisa vertical"

*************

No anel están aputados (polo momento):
1.-Biosbardo (Vigo)
2.-Libreira (A Coruña)
3.-Poe123 (A Coruña/Ourense)

Journal Entry 2 by anx79 at -- En Mano in Ourense, Ourense Spain on Tuesday, June 14, 2005

Released 14 yrs ago (6/14/2005 UTC) at -- En Mano in Ourense, Ourense Spain

WILD RELEASE NOTES:

RELEASE NOTES:

Comeza a viaxe, usaremos a Lgregorio como carteira. 8-)

Journal Entry 3 by Biosbardo from Poio, Pontevedra Spain on Monday, June 20, 2005
Está comigo, de aquí a uns días póñome con el, procurarei non demorarme moito na súa lectura.

*************

27/06/05
Pois xa está lido. A min non me gustou tanto. Lese rápido, o xeito en que está escrito ó principio sorprendeume, pero moi pronto pasou a aburrirme. Tantas vacilcacións, palabras a medio dicir, frases deixadas á metade... non me gusta ese recurso. Porque tampouco é certo, non é unha conversa transcrita, é unha megacarta.
E eu non lle contaría a miña filla todas as falcatruadas esas, dando tantas explicacións. Non me imaxino á rapaza lendo esa carta: "meus pais non fan iso".
Da temática, esperaba outra cousa. No resumo fálase do franquismo e da triple A en Arxentina. E no tercio final si que se fala diso, pero no resto do libro non é tocado máis que de refilón.
É un bo libro de literatura erótica, o que di anx da "Sonrisa Vertical", pero quédase curto se pretendía reflexar a realidade política na que estaba involuntariamente mergullado o personaxe.
Para min mellora bastante cara ó final.

Nesta semana envíolle o libro a libreira.

Journal Entry 4 by Biosbardo at Enviado por correo in A Coruña, A Coruña Spain on Tuesday, July 12, 2005

Released 14 yrs ago (7/12/2005 UTC) at Enviado por correo in A Coruña, A Coruña Spain

WILD RELEASE NOTES:

RELEASE NOTES:

Ao final retrasouse o envío, mil perdóns. Esta mañá deixeino en Correos, para libreira.

Journal Entry 5 by libreira from A Coruña, A Coruña Spain on Saturday, August 06, 2005
Como xa dixen no chat, comparto a opinión de Biosbardo sobre o libro, aínda que ao principio era un pouco escéptica.
Porén, gustoume lelo, e algunhas partes son realmente boas. Quizais lle sobran páxinas e lle falta contido político. Ou será que iamos buscando iso nas súas páxinas.

Pásollo a poe no mitap de hoxe.

Journal Entry 6 by poe132 from Ourense, Ourense Spain on Wednesday, September 28, 2005
entregado en man por jotage24...a ver que tal,que so de oir falar del xa teño ganas de leelo!!;)

Are you sure you want to delete this item? It cannot be undone.