|
Queres saber o raro que es?
|
Benvidos ao meu andel:
Reto 2012
Escolma de poesía
Libros 2011
Histórico de retos
Queres saber máis sobre a literatura galega? Aquí encontrarás textos:
Biblioteca Virtual Galega
Escolma de poesía
http://www.udc.es/filo/html/gal/visita%20virtual/biblioteca/IMG_0521.jpg
Esta é a biblioteca de Filoloxía da UDC. Unha gran fonte de libros para min e un bo sitio onde estudar e ler.
CELSO EMILIO
Diante unha fotografía da miña pirmeira comunión
Pergúntome anguriado,
qué diría de min, si é que me vira,
iste neno que fun fai tantos anos.
Xaneiro 1972, II
O pan é máis útil que a poesía, pro
¿Cómo comer o pan sin o compango da poesía?
A. S.
Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.
Digo Moraima
e ponse azul a alba.
Cando quero soñar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a noite é pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.
Cando quero chorar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.
Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.
Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non decir Moraima.

Xosé Luís Méndez Ferrín
En Compostela pode un home
escoller óboe e docísimo cor ao contrapaso,
decair nos tremedoiros
(VIBRA, CORAZON GASTADO!),
tenra especie de prantas espiráis
e añuca ou seixo de xogar antre os dedos.
Pode pedra luída
alzarte sobre sí coma un guerreiro
é proclamado rei de oucas e carballeiras vellas.
En Compostela pode un vento duro
estremecer o corazón da Europa campesina
que todos temos dentro sen decilo.
En Compostela soan polonesas,
nacionalmente, en moitos plenilunios
cabo de trasparentes ollos, mortos,
e un barroco de bronce ergue paxaros de duro mármore
e oubear oubean os couselos
nas murallas de san Martiño Pinario.
En Compostela, enfin,
compañías de mortos compañeiros
comen caldo insumiso na lembranza ilustrada
(VOTO POR VOS: ROSALIA, PONDAL, FARALDO)
das cabezas alzadas.
En Compostela está o que perdemos
e vai nacendo noutros i esto é o grande milagre
(¡UNHA LAPA LENE, UNHA CANDELEXA!)
da conciencia desta patria
conservada en pequenos corazóns
ardentes con fogo doce que non morre.
En Compostela soterraron a semente
chamada Xohán Xesús González, porta
dun futuro suntuoso e proletario
que avanza cara nós con alboroto
e venme o arreguizo somentes de pensalo e de amalo.
En Compostela estamos
moitos xa para sempre derrotados.
De Con pólvora e magnolias

LINO BRAXE
Entre ruínas
CIRCO DE AMIGOS
A Eduardo O'Duran, Elías Acosta,
Fernando Balboa, Vítor Lorenzo,
Xosé Mato, Miguelón e a todos
os que xa non están.
a miña xerazón esqueceu-se de amar
deitamo-nos a agardar a ocasión
cuspimos sobre os sentimentos
e as maneiras de moda na queréncia
todo isto para ao remate descobrer
que non habia futuro
que non déramos un só paso desde a nenez
De Ardora
OFICIO DE POETA
Fun poeta grego
en tempos de Anacreonte,
e rapsoda na corte de Nínive.
Máis tarde cantei como bardo
o mar da fín do mundo,
e sempre vivín nas miñas cen vidas
coa pluma na man
e coa alma estremecida polo amor.
¿Lembras Antón, e ti Avilés,
os nosos banquetes sagrados
na compaña de Propercio e de Catulo?
>
YOLANDA CASTAÑO
Debo tasar a dose exacta
de memoria e esquezo.
O que interesa son os meus pasos.
Coma un bosque de símbolos do que a miña ignorancia é significativa.
Son eu na cripta e o meu nome dentro debuxado de tiza. Habitacións concéntricas.
">
A poesía será elástica, líquida.
Por encima disto os alicerces son parcos, bastos, e puros.
Que bipolaridades tradicionais esgarecen: o pensamento simbólico integrado no
pensamento irónico, tradición asumida dende a modernidade, a experiencia comunicada
dende o silencio ou a emoción con intelecto. Algo máis que comunicación
estética, algo máis que a escura liña entre a que me quero nacer e a que se mata, algo
máis que arquitectura e algo máis que sentimento. Máis que unha forma de coñecimento
e expresión na que os mecanismos racionais se sustituen por outro algo. Pero os alicerces
son puros, parcos, e bastos. E era preciso cegos lanzarse, negar que todo esté escrito.
A ver se a cuestión vai ser aborrecer tanta literatura por vermos se de tanta ruina
pode nacer calquera criatura medianamente inocente. Prefiro, en todo caso,
pescudar nos segredos da pedra antes que estudiar o que fixeron outros canteiros. Por
complicado que sexa ("¿cómo aproximar a man cun coitelo ó teu peito, meu amor?").
Falo de crear.
Creo con frecuencia que a poesía é ese exercicio máxico no que se opera sempre coa
periferia. É aniquilar a capital denotativa e
ser os arrabaldos do signo.
Pero trátase sempre da dúbida. De non deixar de buscar. Aínda que se atope.
Fóra diso os alicerces son parcos, bastos e puros. Desenfoco o accidente cando penso
neles con fe. Superan toda circunstancia. E a poesía será elástica, líquida, balsámica.
Pero que a miña intelixencia non compre o meu sentido. Nin quero que o meu corpo sexa escravo do meu corpo. El non fala idiomas, posúe a verdadeira linguaxe. Sabe
do poderoso fondo desta forma.
O tacto, o privilexio, as ganas de tirarse.
Histórico de retos
Libros 2011
Libros 2010
Libros 2009
Libros 2008
RETO 2006:
RETO 2005: