Follas do bacallau

Registered by Biosbardo of Pontevedra, Pontevedra Spain on 11/16/2005
Buy from one of these Booksellers:
Amazon.com | Amazon UK | Amazon CA | Amazon DE | Amazon FR | Amazon IT | Bol.com
5 journalers for this copy...
Journal Entry 1 by Biosbardo from Pontevedra, Pontevedra Spain on Wednesday, November 16, 2005
"Un feixe de mariñeiros galegos está a largar as redes nas augas polares do arquipélago Spilbergen, entre placas de xeo, nunha latitude que nin sequera vén nos mapas. Son bacalloeiros. Este libro abala entre o diario persoal (coma unha bitácora ou diario de a bordo), o apuntamento memoralístico e, sobre todo, a crónica do mundo da pesca do bacallau. Relatado desde o punto de vista dun biólogo que sabe converter a crónica en literatura, este libro dálle voz aos mariñeiros, cada un coas súas preocupacións persoais, esas que adoitan saír nas confidencias das caldeiradas nocturnas: os problemas de saúde da muller, a voda próxima da filla, a merca dun novo coche, as letras do piso...
Anécdotas, reflexións na soidade asoballante do mar, contos que os propios mariñeiros narran, a vida e o traballo de a bordo, a saudade, os labores da pesca, a dureza do día a día, o frío e mesmo unha reflexión sobre a propia escrita dan forma a este libro singular e revelador"

Journal Entry 2 by Biosbardo from Pontevedra, Pontevedra Spain on Wednesday, November 16, 2005
Sentinme moi identificado con este libro. Lino xusto á volta do meu embarque, quixen esperar ata entón, para ver cantas das miñas experiencias particulares aparecían neste libro. E teño que dicir que está moi ben reflectida esa vida no mar, a bordo dos barcos pesqueiros.

-------xxxxxxxxxxx-------------xxxxxxxxxxxx-------

Inicio un bookring con este libro. En principio, están apuntados:

1)Libreira
2)Sambaroquera
3)Almacom
4)Anx79
5)Dodgediz

Journal Entry 3 by libreira from A Coruña, A Coruña Spain on Saturday, December 3, 2005
Xa chegou!!!

Obrigada polo anel Bios, ten moi boa pinta e a verdade é que ultimamente estou tendo unha especie de seca, a ver se este me axuda a superala ;))

Journal Entry 4 by DonVito from A Coruña, A Coruña Spain on Monday, February 20, 2006
Me lo acaba de pasar Libreira. A ver si esta semana me pongo con él

Journal Entry 5 by DonVito from A Coruña, A Coruña Spain on Friday, March 3, 2006
Pues yo, aunque no ando embarcado, también me he identificado mucho con este libro, que me ha hecho recordar mi infancia, los años en que mi padre andaba embarcado en los bacaladeros de terranova y a través de sus cartas y cuando llegaba a casa nos transmitía lo que era la vida en el barco, tal cual se relata en este libro. Por esto me ha resultado muy emotiva su lectura.
Gracias a Bisobardo por ponerlo en circulación.
Ahora se lo pasaré a Anx a través de jotage (por supuesto) cuando le vea

Released 18 yrs ago (3/7/2006 UTC) at Cervecería Drinks & Dreams in -- Por correo -- In the mail --, A Coruña Spain

WILD RELEASE NOTES:

RELEASE NOTES:

Pasado a jotage para que lo haga llegar a su destino

Journal Entry 7 by anx79 from Vigo, Pontevedra Spain on Wednesday, March 15, 2006
Pois xa chegou ó seu destino!!!8-D
Viña cunha fermosa libretiña estilo Bios.

Journal Entry 8 by anx79 from Vigo, Pontevedra Spain on Tuesday, March 21, 2006
Impresionante, o libro está escrito dun xeito tal que che parece senti-lo mar mentres o lés, ata o cheiro do peixe semella colarse no nariz por veces...
Incrible que haxa xente que é quen de semellantes esforzos, está claro que a partir deste momento vou valorar ainda máis todo o peixe que leve á boca.
Moitas grazas a Biosbardo polo anel, e por resolve-las miñas dúbidas técnicas.
Libro e libretiña sairán cara Sevilla en canto teña o enderezo de Dodgediz.

Released 18 yrs ago (3/24/2006 UTC) at Por correo in -- Por correo, entregado a mano / By mail, in person --, Ourense Spain

WILD RELEASE NOTES:

RELEASE NOTES:

Saiu este mediodía cara Sevilla por correo certificado, coido que luns ou martes xa andará por alá.

Journal Entry 10 by dodgediz on Tuesday, March 28, 2006
Chegou hoxe e ten boa pinta...ademais, chegou cunha compañia moi doce... ;)

Journal Entry 11 by dodgediz on Sunday, May 14, 2006
Uf...Por fin termíneino. Costoume traballo, pero non queria renderme. Creo que cambiou bastante a normativa e tiven que recorrer algunhas veces ao dicionario porque lembraba alguhnas frases ditas "diferentes", de outro xeito...
En resumo, gustoume bastante, axuda a facerse unha idea do que debe ser a vida a bordo, ata ás veces contaxioume a sensacion de agobio e de dias repetidos...As veces o lei estando en Isla Cristina, un pobo pesqueiro da costa de Huelva, e pregunteime si sera o mesmo sentir no embarque para os mariñeiros andaluces que para os galegos, é de supoñer que é o mesmo.

(Perdon polos erros, estou vendo esta escrita e teño ao tempo una imaxe mental do meu caderno de galego do colexio, cheo de correccións en vermello...)

Journal Entry 12 by Biosbardo from Pontevedra, Pontevedra Spain on Thursday, June 8, 2006
Xa está de volta na casa. Grazas por terdes participado neste bookring.

Are you sure you want to delete this item? It cannot be undone.