Carrusel

by Berta Dávila | Literature & Fiction |
ISBN: Global Overview for this book
Registered by Cocodras on 12/2/2020
Buy from one of these Booksellers:
Amazon.com | Amazon UK | Amazon CA | Amazon DE | Amazon FR | Amazon IT | Bol.com
This book is in the wild! This Book is Currently in the Wild!
2 journalers for this copy...
Journal Entry 1 by Cocodras on Wednesday, December 2, 2020
Cuberta: "Unha escritora que atravesa unha crise creativa decide elaborar un relato do seu percurso vital coa intención de encontrarlle sentido a un pasado difícil, marcado pola doenza mental que padece. Enfrontar as propias pantasmas nun libro lévaa a mergullarse no pouso íntimo das vivencias que o tempo deixou atrás e nas afinidades ignotas e inusitadas que elaboran as lembranzas da súa historia familiar e persoal. Só así será quen de afondar na súa condición de enferma, na súa relación co imprevisible tío Carlos, que sofre a mesma doenza, e tamén na súa experiencia coa maternidade e coa perda de seres queridos. É posible que iso a axude a dar significado ao pasado e a entender o futuro, mais ningún futuro está escrito e, moito menos, o de quen escribe para intentar salvarse".

--

A lectura de Carrusel foi un pouquiño decepcionante. Sei que é un libro con varios premios, o último de hai só uns meses, pero a min custoume moito entrar na historia, quizais porque apenas hay historia. Con outros funcionou, esta vez non. A química cos libros.

Está composto por momentos da vida da narradora ligados entre sí sen sentido, xa non de capítulo en capítulo senón dentro dun mesmo párrafo. Tiven que ler párrafos enteiros unha en outra vez porque custábame moito concentrarme. Hai pasaxes moi fermosas, por elas merece a pena lelo, pero non son suficientes para facer del unha lectura plena.

Acabo de atoparlle destino.

Journal Entry 2 by Cocodras at -- Por correo, entregado en mano/ by mail, in person--, Madrid Spain on Thursday, October 7, 2021

Released 2 yrs ago (10/8/2021 UTC) at -- Por correo, entregado en mano/ by mail, in person--, Madrid Spain

CONTROLLED RELEASE NOTES:

Para Petitejolie. Un dos libros sopresa do Xogo de Advento.

Libero porque soy becera. ¡Buen viaje!

Journal Entry 3 by petitejolie at Lugo, Lugo Spain on Sunday, October 17, 2021
Este sobre do xogo de advineto libresco estaba cheo de sorpresas...e Dávila, neste caso é outro agasallo estupendo.
Imos ver.
Grazas, cocodras!

Journal Entry 4 by petitejolie at Lugo, Lugo Spain on Saturday, January 29, 2022
Trátase dunha narración moi intimista e introspectiva que non é unha novela ao uso. Tal vez, por iso require do momento preciso. Gustoume perderme por certos parágrafos, coma di cocodras, ou ben polas referencias que aparecen. Se ben é complicado entrar de boas a primeiras na historia.

Empatizar coa narradora non é sixelo, se non eres quen de pensar no libro coma unha "confesión".

Released 1 yr ago (3/11/2023 UTC) at Estatua de Álvaro Cunqueiro, frente a la Catedral. in Mondoñedo, Lugo Spain

WILD RELEASE NOTES:

Ca ocasión do festival Mil primaveras. Celebrando a Cunqueiro con libros, e logo?

Are you sure you want to delete this item? It cannot be undone.