
|
Journal Entry 2 by bpmsavinao from Saviñao, Lugo Spain on Tuesday, May 15, 2012
Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2008 Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os días que seguen descubrirán que, como a Medusa, moitos non se atreven a miralas en fite. Son elas quen deben avergoñarse? Iso non ocorrería se non levasen minisaia? É mellor non denunciar, non procurar complicacións? Inspirada no mito de Medusa, castigada despois de ser violada a levar serpes por cabeleira. Dende a mesma noite da agresión vai comezar para as dúas mozas o pedregoso camiño da busca da xustiza. Debateranse entre sucumbir e cargar coa lousa que algúns queren pousar sobre elas ou aferrarse a aqueles que as alentan a seguir na procura da propia dignidade e do dereito a superar o sucedido. Narrada en terceira persoa, A Cabeza de Medusa, a novela de Marilar Aleixandre, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2008, conxuga a descrición, a narración e o diálogo, así como o xénero xornalístico, para conseguir, en palabras do xurado, “unha prosa áxil e dinámica que avanza con maxistral fluidez dende o comezo en que se coñece o acontecemento que desata a trama, ata a última páxina en que se resolve”. A amplificación social da violación e tamén a procura dos amor(ot)es ventureiros, o papel do amor e a amizade na resistencia ao medo e á vergoña son temas abordados nesta magnífica novela con valentía, claridade e tenrura.
|

|
Journal Entry 3 by bpmsavinao at Biblioteca Pública Municipal do Saviñao in Saviñao, Lugo Spain on Wednesday, May 16, 2012
Released 1 yr ago (5/18/2012 UTC) at Biblioteca Pública Municipal do Saviñao in Saviñao, Lugo Spain WILD RELEASE NOTES:
Liberación para conmemorar o Día das Letras Galegas 2012 adicado a Valentín Paz Andrade.
|

|
Journal Entry 4 by m_o_n_i_c_a at Saviñao, Lugo Spain on Friday, May 18, 2012
Xa o empecei a ler, e a verdade é que promete.
|

|
Journal Entry 5 by m_o_n_i_c_a at Saviñao, Lugo Spain on Monday, May 21, 2012
Released 12 mos ago (5/23/2012 UTC) at Saviñao, Lugo Spain CONTROLLED RELEASE NOTES:
Dareillo para ler e liberar a unha persoa á que espero que lle guste.
|